Esta empresa participa nun proxecto de internacionalización, operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Como apoio ao proceso de internacionalización, MASLAMAS, S.L. ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través do Igape cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder de Galicia 2014-2020, OT3 Conseguir un tecido empresarial máis competitivo. Unha maneira de facer Europa.

O obxectivo principal destas axudas é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pymes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

Actividades apoiadas:

-Participación na FEIRA DE MODA INTERNACIONAL DE MADRID Momad Metrópolis, Setembro 2021.

As feiras son un destacado medio de comunicación para poder establecer un contacto directo entre expositores e visitantes. PISONERO coa súa presenza pretende coñecer ao consumidor final do produto (as súas motivacións de consumo, hábitos de compra ou a opinión do produto e da competencia), afianzar o produto en mercados xa esistentes e abrir novos mercados formalizando novas reunión e visitas para acadar novos clientes.

-Elaboración de catálogos das temporadas de Inverno/Outono 2021/2022 e Primaveira/Verán 2021 , para a súa entrega durante na feria internacional de moda, indicada anteriormente.

CATALOGOS OI2122

CATALOGOS PV21

O material promocional constitúe unha peza fundamental no proceso de comunicación dunha marca e facilita notablemente a labor comercial. Preténdese plasmar o traballo desenrolado polo equipo de PISONERO ao longo de toda a tempada.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación, y ofrecer contenidos y publicidad de interés.
Para obtener más información, consulta nuestra Política de Cookies.